INICIO | CONTACTE | MAPA WEB | BOLETÍN | BUSCAR:
  QUÉ É O OPUS DEI     PRELADO     NOVAS     PREGUNTAS  
 Está en: Inicio (España) / Prelado
PRELADO
O prelado do Opus Dei dirixe a misión do Opus Dei de difundir a chamada universal á santidade e de promover o apostolado dos fieis da Prelatura.
Na vida do Opus Dei, que ten dende a súa orixe un marcado carácter de familia, ao Prelado chámaselle sinxelamente Pai. 

O goberno do Opus Dei corresponde ao Prelado, como Ordinario e Pastor propio da Prelatura. Vela para que se sigan fielmente as disposicións da Santa Sé e para que se cumpran os dereitos e os costumes da Prelatura.

A súa autoridade circunscríbese á tarefa apostólica peculiar da Prelatura. Os fieis laicos do Opus Dei dependen do Prelado no que se refire á misión da Prelatura, é dicir, aos compromisos espirituais, formativos e apostólicos que asumen libremente; e, como os demais laicos da súa diócese, seguen sometidos á xurisdición do Ordinario do lugar nas materias que lle competen. Os cregos da Prelatura dependen exclusivamente do Prelado.

O Prelado exerce a súa solicitude pastoral mediante consellos e exhortacións; e tamén por medio de normas e preceptos.

Para designar ao prelado do Opus Dei convócase un congreso xeral electivo. O seu nomeamento corresponde ao Papa. O cargo é vitalicio.

O Prelado, mons. Javier Echevarría (Madrid, 1932), sucedeu en 1994 a mons. Álvaro del Portillo, quen gobernou o Opus Dei tras o falecemento do Fundador en 1975.

NOVAS
03/02/2009
As pequenas e grandes contrariedades, os pequenos desgustos da xornada, son oportunidades para mirar a Cristo na Cruz. A esperanza e o amor que xermolan desa entrega son o tema desta carta do Prelado do Opus Dei.
05/06/2008
"Coñecer, experimentar, vivir, testemuñar: nesas catro palabras, pódese condensar a correspondencia dos cristiáns ao Amor de Deus". O trato de Deus, un Deus con corazón de Pai, centra a carta deste mes do Prelado do Opus Dei."
CONTIDOS DA SECCIÓN
BIOGRAFÍA
Mons. Javier Echevarría (Madrid, 1932), prelado do Opus Dei desde 1994.
© 2009, Oficina de información do Opus Dei en Internet.
[ ]   [ ARQUIVO ] 
20/11/2009