
Biografía
José María Hernández Garnica naceu en Madrid o 17 de novembro de 1913. Doutor enxeñeiro de Minas, en Ciencias Naturais e en Teoloxía.
Pediu a admisión no Opus Dei o 28 de xullo de 1935. Faleceu en Barcelona o 7 de decembro de 1972.Soubo responder con xenerosidade á chamada específica de Deus, e a súa vida, centrada na Santa Misa, foi apostolicamente fecunda. Estivo sempre moi unido a san Xosemaría, Fundador do Opus Dei, que depositou nel unha gran confianza.
Tiña grandes talentos humanos que puxo, movido por Deus, ao servizo da Igrexa e de todas as persoas que o trataron. A súa sinxela humildade, e a súa extraordinaria sinceridade e franqueza fixeron que a súa personalidade fose atractiva, aínda que el se sentiu sempre servidor de todos.
O 25 de xuño de 1944 recibiu a ordenación sacerdotal. Despois, san Josemaría encargoulle especialmente o impulso do labor apostólico do Opus Dei entre as mulleres de España, o que compaxinou con outras moitas tarefas sacerdotais por todo o país.
Máis tarde, marchou a desenvolver o seu ministerio sacerdotal en varios países de Europa. Traballou en Inglaterra, Irlanda, Francia, Austria, Alemaña, Suíza, Bélxica e Holanda.
Santificouse nas súas tarefas profesionais e logo nas propias do sacerdote, con gran xenerosidade: aprendeu varios idiomas, adaptouse a diferentes ambientes e fixo fronte a incomodidades de toda orde en países nos que comezaba o labor apostólico do Opus Dei.
Sufriu con gran paciencia e espírito de sacrificio diversas enfermidades e de modo especial o longo proceso da súa última doenza, que durou máis dun ano. Deus quixo levalo na véspera da solemnidade da Inmaculada do ano 1972, mentres facía oración.
DESTACAMOS
SAN XOSEMARÍA
ENLACES
21/11/2009

Facebook
Twitter
Delicious