
Biografía
Montserrat Grases naceu en Barcelona o 10 de xullo de 1941, nunha familia fondamente cristiá. Cos seus oito irmáns foi educada polos seus pais nun clima de piedade sinceira e de amor á liberdade.
En 1957 sentiu na súa alma que o Señor a chamaba a seguilo no Opus Dei, un camiño de santificación na vida cristiá ordinaria; despois de oír os oportunos consellos, solicitou a admisión na Obra.
Na súa loita para acadar a santidade, suliñou sempre o amor á Humanidade Santísima de Cristo, a piedade eucarística, a devoción á Virxe, unha fonda humildade e o esforzo por servir aos demais. Soubo atopar a Deus no cumprimento, por amor, dos seus deberes de estudo e de traballo, nas cousas pequenas de cada día.
En xuño de 1958 diagnosticóuselle un cancro de óso nunha perna, que foi causa de intensas dores levadas con serenidade e con heroica fortaleza.
Durante a súa enfermidade, cunha ledicia contaxiosa que xamais perdeu, e unha capacidade de amizade que agromaba un verdadeiro celo polas almas, continuou achegando a Deus a moitas amigas e compañeiras de estudo. Morreu o día de Xoves Santo de 1959.
DESTACAMOS
SAN XOSEMARÍA
ENLACES
21/11/2009

Facebook
Twitter
Delicious