
Biografía
O actual prelado do Opus Dei naceu en Madrid o 14 de xuño de 1932.
Mons. Javier Echevarría.
En 1975, cando mons. Álvaro del Portillo sucedeu a san Xosemaría ao frente do Opus Dei, mons. Javier Echevarría foi nomeado secretario xeral. En 1982, coa erección do Opus Dei en prelatura persoal, pasou a ser vicario xeral da Prelatura.
É membro da Congregación para as Causas dos Santos, do Supremo Tribunal da Signatura Apostólica, e da Congregación para o Clero. Participou na Asemblea Xeral do Sínodo dos Bispos sobre América (1997) e sobre Europa (1999), así como na Asemblea Xeral ordinaria de 2001 e de 2005.
Tras a súa elección e nomeamento por Xoán Paulo II como prelado do Opus Dei o 20 de abril de 1994, recibiu de mans do Papa a ordeación episcopal o 6 de xaneiro de 1995 na basílica de San Pedro.
É autor de libros de espiritualidade como "Memoria del beato Josemaría", "Itinerarios de vida cristiana", "Para servir a la Igresia", "Getsemaní" e "Eucaristía y vida cristiana".
DESTACAMOS
SAN XOSEMARÍA
ENLACES
21/11/2009

Facebook
Twitter
Delicious