
Cooperadores
Sen pertencer ao Opus Dei, pódese cooperar de diverso xeito no labor apostólico que realiza a Prelatura.
Os cooperadores poden colaborar nas iniciativas, principalmente coa súa oración.
Os cooperadores poden colaborar nesas iniciativas principalmente coa súa oración, e tamén co seu traballo ou coa axuda económica.
Reciben os bens espirituais concedidos pola Igrexa a quen colaboran co Opus Dei: os cooperadores poden lucrar algunhas indulxencias, nunhas determinadas datas do ano, observando as condicións establecidas pola Igrexa e renovando, por devoción, as súas obrigas como cooperadores.
Da Prelatura do Opus Dei reciben, ademais, a axuda espiritual da oración de todos os fieis e a posibilidade de participar, se o desexan, en retiros, círculos, ou noutros medios de formación.
Para ser cooperador non se require unha vocación específica. Polo xeral, os cooperadores proveñen de parentes, amigos, colegas e veciños dos fieis do Opus Dei, ou ben de quen teñen devoción a san Xosemaría, participan nos apostolados da prelatura, ou se interesan pola tarefa de promoción humana e social que se desenvolve a través das iniciativas apostólicas dos fieis do Opus Dei.
O vicario do prelado en cada país nomea cooperador ou cooperadora a unha persoa, a proposta dun fiel do Opus Dei.
Entre os cooperadores do Opus Dei hai católicos, cristiáns doutras confesións, e crentes doutras relixións. Poden ser cooperadores tamén homes e mulleres non crentes ou que non profesan ningunha relixión. Únelles o desexo de participar e colaborar nas variadas iniciativas promovidas en beneficio da sociedade, que están abertas a todos.
Os cooperadores que o desexan participan nos medios de formación que proporciona a Prelatura do Opus Dei. Esta formación estimúlalles a afundir na súa vida espiritual, a amar con obras ao Papa e aos bispos e a dar, persoalmente, sen formar grupo, unha testemuña consecuente coa súa vocación cristiá.
Moitas persoas descubren nestes medios de formación a posibilidade de practicar e difundir no seu propio ambiente un dos rasgos fundamentais do espíritu do Opus Dei: a santificación do traballo ordinario e dos deberes familiares e sociais.
Tamén as comunidades relixiosas poden ser nomeadas cooperadoras do Opus Dei. Estas comunidades —arredor de 500, actualmente— cooperan coa súa oración cotiá polo labor da prelatura..
DESTACAMOS
SAN XOSEMARÍA
ENLACES
21/11/2009

Facebook
Twitter
Delicious